Deseño actual
feito como toda a vida
Non invento a roda, só fago deseño eficaz e robusto para a túa organización.
Sen palabros raros en inglés nen trucos baratos de márketing. Só deseño honesto para ti.
Deseños que vas ♥. Seguro
Mensaxes claras e poderosas cun deseño eficiente que reflicta os teus valores
Mellora a experiencia do teu usuario, fomentando a súa lealdade e satisfacción
Destaca da competencia cun deseño distintivo que te faga memorable na túa audiencia
Deseño sólido que proxecta confianza e credibilidade. Impulsa a percepción da túa organización.
Miña versatilidade,
tua tranquilidade
O teu usuario é o centro de todo. Con ese enfoque constante adapto os servizos para satisfacer as túas necesidades específicas e propulsar a tua organización.
Últimos traballos
O propósito de Reviravolta
Os meus clientes son o meu equipo. Impulso as suas accións por medio de creatividade e estratexia para que alcancen os seus obxetivos. E nesas andamos.
Vantaxes para ti
Valor tan bo que non necesitarás ir a ningún outro sitio para o teu deseño. De verdade.
Flexibilidade
Ao ser freelance son máis flexible, o que me permite adaptarme ás necesidades específicas do teu proxecto e á túa organización.
Personalización
Céntrome nas túas necesidades específicas e creo un deseño que se axuste aos teus obxectivos. Só aos teus.
Profesionalismo
Todo o meu esforzo é para que te vaia ben, porque así tamén me vai ben a min. Durante os máis de 20 anos que ando no oficio, o win-win sempre funciona.
Accesibilidade
Non vas falar cunha persoa de contas ou de recepción. Aténdote persoalmente sen intermediarios. O teu proxecto é o centro da miña atención.
Versatilidade
A comunicación sempre foi multicanle e agora aínda máis. Por iso podo entregar multitude de pezas diferentes adaptadas a múltiples soportes.
Innovación
Sendo eu só, a innovación é unha obriga. A formación continua e a procura constante de mellores ferramentas é unha constante. Todos eses avances transmítense ao resultado final dos teus proxectos.
FAQ
Que servizos ofreces?
Cal é o proceso de traballo?
Porque escoller Reviravolta?
E se non gosto do deseño?
Que revisións inclue?
Ola e grazas por estar aquí.
Levo por miña conta case 20 anos. Eses anos de experiencia válenme para resolver muitisimos problemas aos meus clientes. Tamén tiven fortes batacazos. Equivocacións identificadas e xestionadas, que axudaron a mellorar o proceso de traballo, a perfeccionar a comunicación cos meus clientes ou a experimentar novas ferramentas. E sempre, sempre, fora como fora o proceso, resolver e entregar o traballo da mellor forma posible.
Todo ese percorrido, con algúns erros e con moitos acertos fan que agora poda resolver un amplo repertorio de necesidades gráficas con solucións a proba de bomba.
Ricardo Cabanelas
Responsable de ReviravoltaDesign